Ponse en marcha a reforma da ponte internacional entre Salvaterra de Miño e Monção

Levarase a cabo a limpeza e pintura da ponte, o selado de fisuras e a rehabilitación estrutural da pasarela

Comparte el artículo:

A ponte internacional que une Salvaterra con Monção foi inaugurada o 29 de marzo de 1995; sendo bautizada como a «Ponte João Verde e Amador Saavedra», en honor aos poetas que escribiron sobre o irmandamento das dúas localidades. Así, tras máis de 25 anos de constante crecemento da rexión, as Administracións transfronteirizas veñen de aprobar súa reforma, dándolle un novo impulso con maior espazo para peóns e bicicletas.

As tarefas de reforma forman parte do proxecto de intervención aprobado en outubro de 2020, e inclúen a limpeza e pintura da ponte, o selado de fisuras e a rehabilitación estrutural da pasarela. A inversión realizarase a partes iguais entre España e Portugal, cun total de 370.000 euros e un prazo de execución de 180 días.

Con todo, a falta de presuposto estase convertendo nun problema para a futura ampliación da ponte, que contará cun carril bici en ambos sentidos e unha pasarela peatonal. Isto suporía unha inversión de 1,1 millons de euros, pero estas obras de mellora deben aínda ser incluídas dentro dos fondos europeos para proxectos transfronteirizos.

Actualmente, os veciños de Monção e Salvaterra comparten servizos, espazos de ocio e infraestructuras gracias a esta ponte, a cal supón unha vía turística e de intercambio económico, sendo o punto de unión da «Eurocidade Monção-Salvaterra de Miño». A súa contorna tamén representa un lugar de encontro gastronómico e vitícola, así como de difusión do patrimonio natural e cultural.

Noticias Relacionadas

Socorro, querem fragmentar o português!

As diferenças atuais entre o português europeu e o brasileiro justificam que essas duas variantes se separem oficialmente como se fossem dois idiomas distintos? Não