A Eurocidade Chaves-Verín, no marco do proxecto «Rural Youth of Europe» (Xuventude Rural de Europa), participou no primeiro «International Creative Jam» na localidade de Vedra (A Coruña). Neste evento, mozos das dúas localidades ibéricas tiveron a oportunidade de traballar, durante dous días, en varios obradoiros para identificar e propoñer solucións aos obstáculos persoais e profesionais que se atopa a mocidade nas zonas rurais.
O emprendemento foi o tema central destas sesións, onde os participantes obtiveron información sobre financiamento europeo e probaron sistemas de realidade virtual e intelixencia artificial. A intención, tras estas xornadas, é presentar varios dos proxectos de emprendemento rural para ser avaliados por un xurado. O gañador contará co apoio da Cámara de Comercio de Santiago para o seu desenvolvemento.
En xuño celebrarase un segundo Creative Jam en Lugo, reunindo de novo á mocidade galaico-portuguesa. As mellores ideas serán presentadas en Bruxelas. En todo caso, este proxecto é unha aposta decidida por revitalizar as zonas rurais e darlles un papel crave no futuro de Europa.