Aberta a 10ª edición do concurso «NORTEAR» de relatos curtos para a mocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Esta iniciativa busca converter á eurorrexión nun polo cultural referente en Europa no ámbito da cooperación transfronteiriza

Comparte el artículo:

Os mozos e mozas que residan na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e teñan entre 16 e 36 anos teñen a oportunidade de participar na 10ª edición do premio «NORTEAR» de relato curto. Este certame, que premia a creatividade literaria e a orixinalidade, ofrece unha dotación económica de tres mil euros (3.000 €) ao ganador, e a posibilidade de publicar a obra tanto en portugués como en galego. Os interesados deberán presentar unha obra orixinal en calquera destas dúas linguas, cunha extensión de cinco mil a oito mil palabras, e poderán inscribirse ata o vindeiro 19 de xullo a través da plataforma: https://nortear.gnpaect.eu/.

O premio «NORTEAR» é unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e da CCDR-Norte. Ao longo dos seus dez anos de existencia, o premio acadou un gran prestixio, converténdose nun espazo cultural único na Eurorrexión e nunha plataforma de lanzamento para a mocidade escritora, ao distinguir anualmente obras literarias orixinais e promover a súa distribución internacional.

As obras deberán estar escritas en lingua portuguesa -segundo o novo acordo ortográfico- ou en lingua galega -segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega-. A colaboración entre as entidades organizadoras promove o coñecemento mútuo da cultura, a literatura e a creación artística en xeral, en ambos os territorios, reforzando así os lazos culturais e literarios entre Galicia e o Norte de Portugal.

Noticias Relacionadas