Acordo de cooperación transfronteirizo entre Portugal e Galicia para o desenvolvemento tecnolóxico en imaxe médica

Esta nova rede luso-galaica permitirá aumentar os recursos tecnolóxicos de imaxe médica PET na eurorrexión, dende a investigación e desenvolvemento de radiofármacos ata o seu uso clínico

Comparte el artículo:

A sala do Senado da Universidade de Coimbra foi o lugar elexido para a sinatura do novo acordo de cooperación luso-galaico de tecnoloxía e servizos de imaxe médica de tomografía por emisión de positróns (GallaeciaPET). Un acordo que permitirá aumentar significativamente as capacidades tecnolóxicas de imaxe médica PET na eurorrexión, dende a investigación e desenvolvemento de radiofármacos ata o seu uso clínico. No acto estiveron presentes, entre outros, o conselleiro de Sanidade de Galicia, Julio García Comesaña, e o vicerreitor da Universidade de Coimbra, João Nuno Calvão.

Esta nova rede luso-galaica estará respaldada por centros de investigación, hospitais, universidades e empresas; entre as que se encontran seis entidades galegas, como son Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios da Consellería de Sanidade; a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS); o Centro de Investigacións en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da Universidade de Santiago de Compostela; a Universidade de Vigo, e ATI Sistemas S.A.; xunto con cinco portuguesas, entre as que se encontran a Universidade de Aveiro; o Instituto Politécnico de Coimbra (IPC); o Instituto de Ciencias Nucleares Aplicadas á Saúde (ICNAS-Pharma); o Laboratorio de Instrumentaçión e Física Experimental de Partículas (LIP), Qubiotech Health Intelligence SA; e Radiation Imaging Technologies Lda. (RI-CHE).

A cooperación entre socios transfronteirizos é fundamental para a redución de custos e o desenvolvemento de novas solucións médicas. A coordinación de equipos e proxectos vai ser un impulso decisivo para que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal se sitúe entre as rexións pioneiras en avances de imaxe médica.

Noticias Relacionadas

Elecciones en el «retalho» catalán

Los paralelismos entre Portugal y Cataluña son variados y significativos. El más conocido es el de índole histórica y se refiere a la época de