Artesáns de Galicia, Francia e Portugal participan na Feira Mostrart da Coruña

A Xunta está a tramitar a futura Lei de Artesanía de Galicia

Comparte el artículo:

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na inauguración da feira de artesanía Mostrart, organizada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Xunta de Galicia. Este evento, que celebra a súa 38ª edición, contará cun total de 71 talleres, 51 de Galicia e 20 procedentes do resto de España, Francia e Portugal. A feira desenvólvese nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña ata o 28 de agosto, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 horas.

En Mostrart pódese atopar cerámica, madeira, xoiería, vidro e instrumentos musicais, entre outros. Con esta iniciativa, preténdese impulsar a comercialización de «Artesanía de Galicia», a primeira marca propia dunha comunidade autónoma, e dar a coñecer o traballo dos artesáns máis xóvenes.

Neste ámbito, a Xunta está a tramitar a futura Lei de Artesanía de Galicia. O executivo galego busca deseñar un marco xurídico adaptado á realidade do sector, que permita unha maior profesionalización e garantice o recambio xeracional. Ademais, a futura normativa recoñecerá o oficio artesán, vinculándoo ao patrimonio e ao desenvolvemento local de Galicia.

Noticias Relacionadas