Con el patrocinio de:

Brasil convértese no segundo cliente comercial de Vigo

O aumento da importación de froita consolida a presenza económica de Brasil en Galicia tras Francia

Comparte el artículo:

Brasil converteuse no primeiro importador de mercadoría de Vigo e no seu segundo cliente comercial, tras supercar a China. Mentres, Francia, que lidera o intercambio comercial na área viguesa, retrocede tras a caída do tráfico da automoción, o que fai achegarse a Brasil á primeira posición. Marrocos sitúase no cuarto lugar.

A autoridade portuaria da cidade publicou estes datos, onde que se sinala que ao redor do 60% das mercancias en Galicia móvense por vía marítima. Neste sentido, a importancia do mar na economía galega é moi relevante. E Vigo; sendo a urbe máis grande da comunidade, mantén vínculos comerciais con 190 países, cun balance positivo entre importacións e exportacións.

No ultimo ano, Brasil aumentou o tráfico comercial con Vigo en máis dun 40%. A importación sitúase en 35.000 toneladas, cunha demanda froiteira en alza (plátanos, piña, etc.). Ademais, Brasil reabriu recentemente unha oficina diplomática na cidade (viceconsulado), o que facilita que a comunidade brasileira (máis de 1.600 empadroados) realice trámites co país suramericano.

Noticias Relacionadas