«Instagrammers» galegos inmortalizan o Camiño de Santiago a través do itinerario portugués da costa

Catro «influencers» percorreron as etapas do Camiño Portugués para promocionar o Xacobeo 21-22

Comparte el artículo:

A forma de comunicar cambiou nos últimos anos. As redes sociais convertéronse nun altofalante para compartir opinións e experiencias ante todo o mundo. E esa é a aposta que fixo a organización do Xacobeo21-22. Convidou a varios «instagrammers» galegos a realizar o Camiño Portugués de Santiago para mostrar a beleza e as aprendizaxes das rutas xacobeas. Catro mozos; Gala González; Martiño Rivas; Xurxo Carreño e Cristina Cerqueiras, que suman millóns de seguidores en internet, realizaron as diferentes etapas da ruta portuguesa da costa desde o xoves 8 de xullo ata chegar a Santiago o domingo día 11.

O equipo de Turismo de Galicia, encabezado pola súa directora, Nava Castro, recibiunos a súa chegada á capital galega, resaltando esa acción como unha clara «aposta» pola promoción do Camiño e o Xacobeo. «Estou convencida de que esta viaxe terá un efecto multiplicador, non só entre os seguidores habituais dos catro instagrammers, senón tamén entre outras moitas persoas que se interesaron pola súa aventura e que seguramente se van a animar a facer o Camiño e a gozar dunha experiencia tan emocionante como segura», declarou Castro.

Os catro mozos mostráronse moi contentos, pero con ganas de descansar, tras estar inmersos «nunha orixinal experiencia na que a paisaxe, a gastronomía e as vivencias reais conviviron coas virtuais». De feito, o actor Martiño Rivas recoñeceu que o Camiño de Santiago é para el «un sentimento espiritual, unha oportunidade de renacer do corpo e da mente».

A campaña «Instagrammers no Camiño» que a Xunta de Galicia puxo en marcha pretende animar á mocidade a peregrinar a Santiago de Compostela. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recomenda compartir os «hashtags» #GaliciaDestinoSeguro e #CamiñaAGalicia para difundir as vivencias dos peregrinos no seu día a día polas diferentes rutas.

https://www.instagram.com/galagonzalez/

https://www.instagram.com/martino_rivas/

https://www.instagram.com/xurxocarreno/

https://www.instagram.com/cristinacerqueiras/

Noticias Relacionadas