Nova edición da Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico o 2 e 3 de setembro

O Barco de Valdeorras acollerá esta edición, con productos típicos de Galicia e o Norte de Portugal, no que tamén haberá talleres de artesanía, cata de viños e un concerto

Comparte el artículo:

A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico celebrarase na Praia Fluvial do Malecón (O Barco de Valdeorras) os días 2 e 3 de setembro. Unha nova edición desta iniciativa, na que participarán 24 expositores procedentes de Trás-Os-Montes, Viana do Castelo e Vilaflor, en Portugal; e de Valdeorras, A Coruña, Lugo e a comarca de Trives, en Galicia. O horario será de 11 a 14 horas pola mañá, e de 17 a 21 horas pola tarde.

A feira combinará gastronomía e actividades, tratando de consolidarse como un dos principais eventos de produtos tradicionais da eurorrexión. Para lograrlo, estarán presentes produtores de alta calidade de varios municipios do noroeste peninsular, presentando queixos, mel, aceites, embutidos, licores… así como sobremesas típicas de Portugal, como como os bolos, a torta de Viana ou as «natinhas» (pasteis de nata).

Entre as actividades, poderanse encontrar talleres de artesanía, tanto de madeira como de barro. Tamén haberá unha cata de viños o sábado 2 de setembro, dirixida por enólogos especializados, aínda que con aforo limitado (os interesados poderán anotarse previamente no mail [email protected], e tamén na propia feira). Por último, no apartado musical está prevista a actuación «Iker Piris & His Dual Electras», o domingo, 3 de setembro, ás 13 horas.

Noticias Relacionadas