O Palacio da Brejoeira: un símbolo da «Raia» á venda por 25 millóns de euros

Este palacete neoclásico acolleu a reis, a membros do clero e a figuras da nobreza portuguesa nos últimos 200 anos

Comparte el artículo:

O Palacio da Brejoeira, situado na freguesía de Pinheiros, no municipio de Monção (distrito de Viana do Castelo), púxose á venda por 25 millóns de euros. Emílio Magalhães, o accionista maioritario da empresa propietaria do palacio, busca a alguén que continúe coa historia da propiedade; seguindo un camiño de evolución. Así, os actuais donos queren evitar que a operación se faga con fins especulativos, polo que están a analizar a viabilidade de todas as ofertas que lles están chegando (entre as que se atopan grandes fortunas ibéricas).

Este símbolo histórico da «Raia», clasificado monumento nacional en 1910, está dentro dunha propiedade dividida en 17 hectáreas de viñedos, tres xardíns e un denso bosque. Un palacio rural que foi construído a principios do século XIX por orde do Cabaleiro da Orde de Cristo, Luís Pereira Velho de Moscoso; coa autorización do rei D. João VI. Convertido nun lugar icónico para a nobreza portuguesa, acolleu a reis e a importantes figuras do clero da época. O custo total da obra foi duns 400 millóns de reais.

Este palacete de estilo neoclásico (e influencia barroca) está situado nun terreo con zonas pantanosas. A súa construción, aínda que non é un dato concluínte, sitúase completa en 1834. E a autoría do proxecto tampouco está clara, atribuíndose a Carlos Amarante, con influencia de arquitectos lisboetas. Foi construído en granito, en forma de «L», e conta con teatro, capela, grandes salóns e biblioteca. Tamén con tapices, vaixelas e mobles luxosos. A propiedade foi herdada e vendida ao longo dos séculos, e a súa historia está cargada de curiosidades e misterios.

Páxina web: http://palaciodabrejoeira.pt/pdb/

Noticias Relacionadas