El Trapezio

O Parlamento de Galicia solicita á Xunta desenvolver o intercambio lingüístico con Portugal

O Parlamento de Galicia aprobou unha iniciativa para instar á Xunta a «fomentar e desenvolver novas experiencias educativas e de intercambio lingüístico e cultural» con Portugal, con especial atención aos centros dos concellos fronteirizos.

A proposición foi presentada polo Grupo Popular na Comisión de Cultura e defendida polo deputado Carlos Gómez Salgado. Foi aprobada cos votos do PPdeG, coa abstención do BNG e do PSdeG.

Os partidos da oposición reclaman maior concrección e ambición no proxecto; asignándolle un financiamiento específico, co conseguinte aumento da oferta (e do profesorado) para estudar portugués en Galicia, así como campañas de promoción e prazos de execución.

O Grupo Popular defendeu que a Xunta ten impulsado importantes avances a nivel lingüístico e cultural con Portugal nos últimos anos, co exemplo da Lei Paz Andrade, e que o Goberno galego ten un firme compromiso por seguir este camiño de cooperación.

Salir de la versión móvil