O «Programa Iacobus» concederá bolsas a investigadores de Galicia e o Norte de Portugal

A iniciativa impulsará estancias de investigación, publicacións científicas e patentes transfronteirizas

Comparte el artículo:

O «Programa Iacobus» é un proxecto de cooperación científica, cultural e pedagóxica, que ten como fin o desenvolvemento conxunto de actividades de investigación e formación entre universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Está impulsado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), xunto a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Rexional do Norte e diversas administracións públicas.

A iniciativa conta con tres modalidades: Estancias de Investigación, Artigos de Investigación (Papers) e Patentes. Este ano, as estancias levaranse a cabo en 39 entidades; incluíndo sete universidades, catro institutos politécnicos, 22 centros tecnolóxicos, xunto con seis fundacións e institutos de investigación sanitaria.

A modalidade de «Iacobus-Papers» está destinada a fomentar a cooperación transfronteiriza na divulgación de estudos en revistas e bases de datos indexadas, como son o Journal Citation Report e Scopus. Para poder participar, os candidatos teñen que ter contrato laboral/vínculo de investigación en vigor (tamén durante o período do intercambio) con algunha das entidades adscritas, así como estar en condicións de poder traballar ao outro lado da fronteira. Finalmente, «Iacobus-Patentes» estaría destinado a promover a creación de novos produtos e servizos ibéricos.

O programa conta cun financiamiento de 200.000 euros; tendo un gran éxito no ámbito académico da Eurorrexión, con máis de 1200 candidaturas seleccionadas nestes anos, e un financiamento total superior a 1.400.000 euros. O prazo de inscrición para estancias de investigación e publicacións científicas estará aberto ata o 17 de xaneiro de 2022. Poderán presentarse as candidaturas a través da web iacobus.gnpaect.eu.

Listado de entidades adscritas: https://iacobus.gnpaect.eu/sites/default/files/docs/descarga/listado_asinantes_iacobus_estancias_0.pdf

Noticias Relacionadas