Ponse en marcha o proxecto «Río Miño, un destino navegable»

A Xunta de Galicia aposta pola creación dunha ruta fluvial no Miño para desenvolver o potencial turístico da eurorrexión

Comparte el artículo:

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou en Salvaterra do Miño o proxecto «Río Miño, un destino navegable». Unha iniciativa incluída no Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), que conta cun orzamento de 1,3 millón de euros, e que buscará potenciar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como destino turístico.

Para lograr o desenvolvemento desta iniciativa, implicáronse as Axencias de Turismo de Galicia e Turismo de Oporto e Norte de Portugal; ademáis dos municipios de Monção e Valença, e os concellos Salvaterra do Miño e Tui; asistidos pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

Marca Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra, compartiu nas redes sociais a súa emoción: «un proxecto ambicioso, un proxecto piloto, único, que une dúas eurocidades, dous países, e sete socios… que busca por en valor todo aquilo que nos une, empezando polo río Miño, seguindo pola nosa enogastronomía, a nosa cultura, o noso patrimonio, a nosa xente… a nosa forma de entender a Raia… de entender un territorio que nos fai diferentes é únicos a vez, coas nosas singularidades… Fortalezas, zonas vellas, viño, adegas, gastronomía, termalismo, natureza, pesqueiras, museos…».

Con todo, para que esta ruta fluvial fose realidade, foi necesario poñer en marcha accións para mellorar a navegabilidade do Miño (desenvolveuse unha app para monitorizar o seu calado), nun tramo de 16 quilómetros, entre a ponte internacional de Valença-Tui e a de Monção-Salvaterra; así como a modernización dos embarcadoiros; a sinalización do río; a dotación dunha embarcación turística; actividades de promoción e educación ambiental… Todo isto, dentro da marca «Visit Miño».

Noticias Relacionadas