El Trapezio

Pontevedra acolle as II Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial de España e Portugal

O Museo de Pontevedra acollerá as II Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial, que se celebrarán os días 3 e 4 de novembro baixo o lema «Construíndo futuros dende a educación». O evento, que reunirá a profesionais e persoal investigador de museos e universidades de España e Portugal, ten como finalidade a posta en común de experiencias e a análise das perspectivas para os próximos anos

O encontro estruturarase tres eixos: unha educación patrimonial para o cambio social; os novos formatos e medios na educación e acción cultural; e a creación de redes de colaboración entre institucións.  Desenvolveranse a través de dous relatorios, tres mesas redondas, unha sesión de pósteres e tres talleres.

As xornadas están organizadas polo Museo de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela, e contarán coa participación de representantes do Museo Arqueolóxico Nacional; o Museo do Pobo Galego; o Museo Würth da Rioxa; o Museu de Lamego; a Rede Museística de Lugo, así como do CSIC e de universidades como a Complutense de Madrid, a Jaume I, a de Barcelona, a de Murcia ou a de Huelva. A inscrición é gratuita e remata o 24 de outubro.

Inscrición

Salir de la versión móvil