Seguridade ibérica?: Garda Civil e GNR compartirán instalacións en Verín

Seis efectivos da Garda Nacional Portuguesa incorporaranse ao Cuartel da Garda Civil de Verín durante o verán

Comparte el artículo:

O Plan de Seguridade do Xacobeo está conformado por máis de 3.600 axentes da Policía Nacional e da Garda Civil. Na reunión para a súa definición en Santiago de Compostela, Rafael Pérez, secretario de Estado de Seguridade, declarou: «O que pretendemos non é só a coordinación, senón tamén anticiparnos ao que vaia a ocorrer». E, para esa capacidade preventiva e reactiva, traballouse moito, tanto entre diferentes corpos policiais, como con outras forzas de seguridade (de Portugal, Francia e Italia). De feito, seis axentes da GNR de Portugal incorpóranse ata o 1 de setembro ao Cuartel da Garda Civil de Verín para realizar patrullas mixtas.

Este Xacobeo 2021-2022 (o primeiro na historia que dura dous anos) representa un acontecemento multitudinario moi representativo polas connotacións relixiosas e sentimentais que ten. Ademais, a crise sanitaria que vivimos pola Covid-19 fai máis complexa a súa xestión. Para iso, vanse crear oficinas móbiles de atención ao peregrino, e incorporaranse ferramentas tecnolóxicas como é a aplicación «AlertCops», que permite informar de delitos ao instante.

Hai que lembrar que é o Goberno galego o que organiza o Xacobeo en todo o territorio da comunidade. A transcendencia do evento fai que a súa repercusión se estenda dende a capital galega á propia fronteira. Nela, a GNR colaborará activamente estes meses coa Garda Civil de Verín, e tamén se incoporan tres auxiliares de policía local para reforzar o operativo. Non esquezamos que este corpo municipal de seguridade ten entre as súas filas a só nove efectivos (e dous están de baixa), o que fai imprescindible este reforzo.

Noticias Relacionadas