Comeza a 9ª edición do festival cultural Converxencias Portugal-Galicia

Celebrarase do 10 ao 25 de febreiro en Braga, Ponteareas e Santiago de Compostela con música, danza, teatro, cine, faladoiros, poesía, exposicións e visitas guiadas

Comparte el artículo:

A 9ª edición do festival cultural Converxencias Portugal-Galicia homenaxeará a Rosalía de Castro nas localidades de Braga (Portugal), Ponteareas e Santiago de Compostela «a través da música, da danza, do teatro, do cine, dos faladoiros, da poesía, das exposicións e das visitas guiadas».

Na presentación desta edición, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, salientou que se trata dun evento co que a Xunta fortalece os vínculos de Galicia coa lusofonía e promove as relacións cos países de fala portuguesa.

Este certame cultural realízase de forma simbólica entre as datas de nacemento e de pasamento de Rosalía de Castro e do cantautor portugués José Afonso (Zeca Afonso), respectivamente. A iniciativa está promovida polo grupo Canto d’Aqui e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, e conta co apoio de entidades como a Fundación Rosalía de Castro e a Rede da GaliLusofonía, entre outras.

Serán un total de 15 días de programación cultural do 10 ao 25 de febreiro, onde participarán nomes recoñecidos como Iria Estévez, Pedro Jóia, Artur Caldeira, Quico Cadaval ou Augusto Canário. O festival terá o seu colofón final cun gran concerto tributo a Zeca Afonso e Rosalía de Castro en Santiago de Compostela (Cidade da Cultura).

Noticias Relacionadas