O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, inaugurou o pasado 2 de febreiro, no Centro Galego de Lisboa, a exposición «O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia /1981-2021». Un acto emotivo no Santalices evocou a irmandade entre Portugal e Galicia, «dous pobos que compartimos lazos históricos, lingüísticos, culturais, políticos e mesmo de sangue»; que «viviron de costas e mirándose con desconfianza durante longas etapas históricas» (polos seus dirixentes). Pero tamén lembrou integración e fraternidade da emigración galega en Portugal durante o século pasado.
Santalices aproveitou a visita institucional á capital lusa para reunirse co presidente da Asemblea Lexislativa da República de Portugal, o Prof. Dr. Augusto Santos Silva, co que conversou sobre o funcionamento das dúas cámaras. Tamén fixo fincapé no éxito da autonomía galega, onde aflorou a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, exemplo de cooperación en toda Europa; que, ao seu xuizo, debe seguir desenvolvéndose «sen máis limitacións que ou respecto e a comprensión mutuos».
O presidente da Cámara galega tamén estivo co presidente do Instituto Camões, João Ribeiro de Almeida, defendendo os obxectivos da Lei Valentín Paz Andrade aprobada en Galicia para o aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía.