A Eurocidade Chaves-Verín organiza este venres 28 de xuño a actividade «Cine(ma) na Eurocidade»

Proxectaranse curtametraxes que reflexan a historia e idiosincrasia da fronteira

Comparte el artículo:

A Eurocidade Chaves-Verín celebra unha xornada de cine transfronteirizo. Este evento, que terá lugar este 28 de xuño na sede de eurocidade, pretende promover a cultura común da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, proxectando curtametraxes que reflexan a historia e idiosincrasia da fronteira (a «Raia»).

Durante a sesión, ademais das proxeccións, haberá unha mesa redonda con representantes culturais de Chaves e Verín, para debater sobre a colaboración e as sinerxías actuais, a creación de novos públicos e o apoio ao tecido artístico local.

Este evento forma parte dun esforzo continuado para vincular máis estreitamente aos dous territorios a través de iniciativas culturais; poñendo en valor a súa rica herencia compartida.

Noticias Relacionadas