A Guarda recuperou o servizo do transbordador «Santa Rita de Cassia», que une as beiras de A Pasaxe con Caminha, no río Miño. Un servizo que foi suspendido fai seis meses por causa do peche de fronteiras (Caminha destinou ao persoal do barco á repartición de alimentos e medicinas), e que perxudicou á economía de ambas poblacións, tanto na mobilidade de mercadorías e veciños (traballadores que tiveron que desprazarse ata Tui), como no que respecta aos peregrinos do Camiño portugués da Costa.
O Concello da Guarda ten habilitado un teléfono para saber máis sobre o funcionamento do ferry (986 611 526). Tamén se pode obter información na oficina de turismo (986 614 546), aberta de luns a domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
Na seguinte lista detállanse os prezos do transporte: Pasaxeiro menor (4 a 13 años): 1 euro; Pasaxeiro: 1,50 euros; Coche de ata 5 prazas: 3,50 euros; Coche de máis de 5 prazas: 4,50 euros; Coche con remolque: de 5,50 a 9 euros; Caravana: 7 euros; Camioneta de ata 3.500 quilos: 5 euros; Camión de máis de 3.500 quilos: 7 euros; Taxi: 3 euros; Ciclomotor: 2 euros; Motocicleta: 2 euros; Bicicleta: 2 euros.