O «ferry» que une A Guarda e Caminha volve a estar operativo

Búscanse alternativas como unha ponte ou un túnel para unir ambas localidades e non depender dun único medio de conexión

Comparte el artículo:

A Guarda recuperou o servizo do transbordador «Santa Rita de Cassia», que une as beiras de A Pasaxe con Caminha, no río Miño. Un servizo que foi suspendido fai seis meses por causa do peche de fronteiras (Caminha destinou ao persoal do barco á repartición de alimentos e medicinas), e que perxudicou á economía de ambas poblacións, tanto na mobilidade de mercadorías e veciños (traballadores que tiveron que desprazarse ata Tui), como no que respecta aos peregrinos do Camiño portugués da Costa.

Antonio Lomba, alcalde da Guarda, considera imprescindible mellorar a comunicación entre as dúas ribeiras, polo que anunciou que nas próximas semanas iniciarase un estudo de mobilidade para deseñar un proxecto tecnicamente viable (construcción dun túnel, dunha ponte…), que facilite unha solución a longo prazo. Porque xa non é que o ferry só se vexa limitado polas restricións da Covid-19, senón que xa arrastraba problemas, pois con néboa ou marea baixa non se pode navegar. Un problema de importantes consecuencias, dada a dependencia dos negocios de hostalería do fluxo de persoas (a poboación triplícase na épica estival); ademáis de que moitas familias están separadas polo río.

Algunhas das curiosidades presentes neste tramo son a «barca-taxi», que serviu para transportar aos peregrinos neste período (pero que é máis custoso que o transbordador e loxisticamente insuficiente; adxúntase fotografía de @mmthibeault), e a decoración transfronteiriza do «ferry» en Nadal.

O Concello da Guarda ten habilitado un teléfono para saber máis sobre o funcionamento do ferry (986 611 526). Tamén se pode obter información na oficina de turismo (986 614 546), aberta de luns a domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.

Na seguinte lista detállanse os prezos do transporte: Pasaxeiro menor (4 a 13 años): 1 euro; Pasaxeiro: 1,50 euros; Coche de ata 5 prazas: 3,50 euros; Coche de máis de 5 prazas: 4,50 euros; Coche con remolque: de 5,50 a 9 euros; Caravana: 7 euros; Camioneta de ata 3.500 quilos: 5 euros; Camión de máis de 3.500 quilos: 7 euros; Taxi: 3 euros; Ciclomotor: 2 euros; Motocicleta: 2 euros; Bicicleta: 2 euros.

Noticias Relacionadas