Portugal supón o 13% do comercio exterior galego

As exportacións de Galicia creceron un 30% en 2021

Comparte el artículo:

O comercio exterior galego iniciou a súa recuperación no primeiro semestre de 2021, con cifras similares ao período prepandémico. Así, as exportacións tiveron un crecemento interanual do 30% nestes primeiros seis meses; sendo a segunda comunidade cun maior número de operacións, tras Madrid. O superávit comercial de Galicia sobrepasa xa os 300 millóns de euros.

A Agrupación da Función Loxística de Galicia sinalou que o principal incremento produciuse nas exportacións de Ourense (+51%) e Lugo (+25%). Pero as importacións tamén incrementaron o seu volume nun 24%, o que mostra unha clara tendencia de expansión económica.

Se falamos de sectores, a automoción é o que máis exporta, seguido do sector manufactureiro e alimentario. Francia segue sendo o principal destino das exportacións galegas, seguido de Portugal, cun 13%, e Italia (10%). Francia e Portugal ocupan un lugar destacado tamén nas importacións galegas, cun 27% e un 9,7%, respectivamente.

Con estes datos, Portugal reforza o seu comercio con Galicia, aínda que hai sectores como o téxtil que viron como o país luso xa non era o seu principal provedor, ao entrar con forza Turquía e China no mercado. Con todo, os empresarios galegos e portugueses están establecendo novas alianzas e proxectos conxuntos para consolidar unha economía de proximidade ibérica.

Noticias Relacionadas

A hora da Liberdade

Agora que estamos a poucas horas (mais precisamente sete) do dia em que comemoramos os cinquenta anos da Revolução dos Cravos está na altura de