Sogama (Galicia) e Lipor (municipios do Porto) buscan presentar unha candidatura conxunta ao POCTEP 2021-2027

O obxectivo prioritario desta colaboración sería incrementar a reciclaxe e a descarbonización dos procesos industriais nas plantas de ambas as entidades

Comparte el artículo:

Sogama (empresa pública autonómica de Galicia) e Lipor (Associação de Municípios para Gestão Sustentável de Resíduos do Grande Porto) están a valorar unha posible candidatura conxunta en materia de xestión de residuos dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

Os directores de ambas as entidades, Mirta Sueiro e Fernando Leite, reuníronse no Porto para tratar o contido desta colaboración, que segundo se apuntou, estaría centrada en incrementar a reciclaxe e en descarbonizar os procesos industriais nas plantas de ambas as entidades. Con iso preténdese xerar «emprego verde» e cumprir co Plan de Acción de Economía Circular e o Pacto Verde Europeo.

Hai que lembrar que Sogama e Lipor xa colaboraron en proxectos europeos de xestión de residuos. Un dos últimos, o denominado «Res2ValHum» (POCTEP 2014-2020), de xestión de refugallos urbanos. Mentras Sogama trata a xestión de residuos de Galicia, Lipor trata anualmente ao redor de 500.000 toneladas de residuos urbanos xerados por un millón de habitantes (Norte de Portugal), e faio a través dun sistema integral baseado na reciclaxe e na compostaxe.

Noticias Relacionadas

Terras da Transumância mostram-se no FITUR

A rede de “Terras da Transumância” (da qual o município de Gouveia faz parte) também marcou presença no FITUR. A rede cultural “Terras da Transumância”