A Organización Interprofesional do Viño de España (OIVE) promoveu o seu programa de divulgación en Galicia como parte do programa europeo «A Shared Passion», en colaboración coa súa homóloga portuguesa. Comezado en 2022, este programa busca resaltar a paixón compartida polo viño entre España e Portugal, centrándose nas súas indicacións xeográficas.
Durante estes últimos días (do 2 ao 6 de outubro), xornalistas especializados de Países Baixos, Italia, Letonia e Finlandia visitaron Galicia exploraron a riqueza vitivinícola da comunidade, visitando adegas das DOP Ribeiro, Rías Baixas e Ribeira Sacra. Estes profesionais tiveron a oportunidade de participar en catas organizadas polas denominacións de orixe e visitar aos seus consellos reguladores. Ademais, degustaron o mellor da gastronomía galega. Tamén se incluíu unha masterclass sobre viños españoles impartida pola Unión Española de Catadores (UEC), destacando non só os viños de Galicia, senón tamén de outras DOP españolas.
O programa «A Shared Passion» non ten só como obxectivo promover a calidade e diversidade dos viños de España e Portugal, senón tamén subliñar a relevancia do sector vitivinícola na sostibilidade económica, social e medioambiental de numerosos concellos dos dous países. Este sector é crucial para xerar emprego e combater a despoboación rural.
Cunha duración de tres anos e un orzamento superior aos 2 millóns de euros, o programa conta cun 80% de financiamento de fondos europeos destinados á promoción internacional de produtos agroalimentarios da Unión Europea.