A Alameda de Santiago de Compostela acollerá a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico

A feira terá lugar do 1 ao 3 de xullo, e estarán presentes produtores tradicionais de Galicia e do Norte de Portugal

Comparte el artículo:

A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico leva celebrándose dende hai unha década en diferentes cidades de Galicia e do Norte de Portugal. Para esta edición, que terá lugar do 1 ao 3 de xullo, o Eixo Atlántico, o Concello de Santiago e o Concello do Barco de Valdeorras chegaron a un acordo para organizar a mostra na Alameda de Santiago de Compostela. Cun horario de apertura de 11.00 a 14.00 horas, e de 17.00 a 21.00 horas, a capital galega toma o relevo a Lugo, sede en 2021.

Neste evento estarán presentes dezasete postos, con produtos locais como queixos, aceites, doces, mel e viño (entre outros); e impartiranse dous talleres de Artesanía de Galicia para o público. Os visitantes poderán degustar e comprar produtos de alta calidade con garantía de orixe. Unha boa ocasión, como apuntan os organizadores, para apoiar a pequenos produtores galegos e portugueses, comprometidos co rural e a ecoloxía.

Algúns dos produtos que se poderán degustar son o queixo artesanal da comarca da Limia; a mel ecolóxica do Invernadoiro; o aceite de Trás-os-montes; as setas shiitake do Macizo central de Ourense; as castañas da Cabeza Grande de Manzaneda, e varias marmeladas caseiras da Coruña. Ademais, haberá produtos de pastalería, como bicas de castañas e natas portuguesas. Tamén viños (ribeiro galego e portugués de Mirandela); cervexa artesá de Compostela e licores variados de Valdeorras.

Noticias Relacionadas

El iberismo racial de Vasconcelos

Cuando, tras impartir un curso sobre el racismo cultural en la Universidad Nacional Autónoma de México, mi amigo el doctor Rafael Pérez Taylor, director a