A Universidade de Vigo busca estudantes para realizar prácticas remuneradas no Norte de Portugal

O programa «Alén do Miño» ofrece cinco bolsas onde cada estudante recibirá 600 euros ao mes

Comparte el artículo:

A Universidade de Vigo (UVigo) puxo en marcha un novo programa de axudas para a realización de prácticas en empresas ou institucións con sede en Portugal. Un programa que denominou Alén do Miño (“al otro lado del Miño”), e que a Área de Emprego e Emprendemento presentou ante estudantes, coordinadores e representantes empresariais. No evento destacouse a mobilidade transfronteiriza como a mellor forma para intercambiar experiencias, formarse e establecerse na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Esta iniciativa foi apoiada polo Eures Transfronteirizo, onde a súa directora, Teresa Ventín, expresou a necesidade de perder o medo a cruzar o Miño. Considera que é unha gran oportunidade para coñecer o mercado de traballo ibérico. Para iso, as cinco bolsas relaciónanse con cada rama de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas; arte e humanidades; ciencias; ciencias da saúde e enxeñería.

O programa desenvolverase en dúas fases. Na primeira, cun total de dez horas, terá lugar a formación nas aulas do campus da UVigo, onde os alumnos aprenderán sobre a cultura portuguesa. Posteriormente, na segunda fase, levaranse a cabo as prácticas. Serán os estudantes os que propoñan a entidade na que traballar. O período de prácticas é entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, recibindo cada bolseiro unha axuda mensual de 600 euros. O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de xuño.

Ligazón para a solicitude: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/34736

Noticias Relacionadas