Galicia reforza a súa alianza operativa con Portugal nun exercicio conxunto de actuación en incendios

O Goberno de Castela e León proporcionou medios e recursos a este simulacro de lume forestal, que busca a redución dos tempos de resposta e o reforzo da cooperación entre Administracións

Comparte el artículo:

A Xunta de Galicia participou nun exercicio para o perfecionamento das intervencións en incendios forestais de carácter transfronteirizo. Unha actuación organizada polo Centro de Coordinación Distrital de Bragança no municipio de Vinhais (Terras de Trás-os-Montes). Ademais de Galicia, Castela e León tamén aportou medios e recursos propios.

A Administración galega interviu, a través da Unidade Técnica da Consellería do Medio Rural, con cinco técnicos, dous axentes, dúas motobombas e dúas brigadas (un total de 17 persoas). Pola súa banda, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) enviou ao Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI), coa súa Unidade Operativa de Drons.

Esta acción enmárcase dentro do mes da protección pivil que celebra Portugal para exercitar a resposta do Sistema de Operacións de Protección e Socorro (SIOPS). O xerente da AXEGA, Marcos Araújo, incorporouse ao Posto de Comando Operacional (PCO) para dirixir o simulacro xunto ás autoridades portuguesas.

O exercicio centrouse nun incendio con dúas frontes, que se orixina na subrexión lusa de Terras de Trás-os-Montes: unha delas diríxese á localidade de Moimenta da Beira; a outra, en dirección a España.

Noticias Relacionadas