Entra en funcionamento o servizo gratuito de bicicletas eléctricas entre Galicia e o Norte de Portugal

Trátase do primeiro servizo de xestión transfronteiriza real da península ibérica

Comparte el artículo:

O proxecto «E-bike Rio Minho» acaba de entrar en funcionamiento. Esta iniciativa, froito da colaboración da AECT Rio Minho coas eurocidades Tui-Valença, Tomiño-Cerveira e Salvaterra-Monção, acaba de activar 46 bibicletas eléctricas que se poderán utilizar pola ciudadanía de forma gratuita para viaxar entre Galicia e o Norte de Portugal. Trátase do primeiro servizo de xestión transfronteiriza real da península ibérica.

A inauguración do servizo realizouse cun percorrido dende as diferentes eurocidades participantes ata a vella Ponte Internacional Tui-Valença. Ata alí acudiron representantes institucionais e veciños, que compartiron impresión a súa chegada. No acto salientouse o gran éxito de poñer en marcha un sistema de xestión compartida de carácter ibérico, así como a vocación de ampliar o servizo nun futuro próximo por toda a fronteira.

«E-bike Rio Minho» forma parte da estratexia turística que busca crear unha marca propia no territorio miñoto. Este servizo complementará ao «anel verde do Miño», co obxectivo de crear unha ruta circular accesible e sostible. O orzamento do proxecto foi de 90.000 euros (o 75% financiado polo POCTEP, e o resto pola AECT e as eurocidades). Pola súa banda, o Estado portugués contribuiu, a través dun fondo ambiental, con 75.000 euros.

Funcionamento do servizo

As bicicletas poden ser utilizadas de balde por calquera persoa, podéndose mover por todo o territorio ribeireño dos concellos beneficiados durante un máximo de tres horas. Para iso, cada persoa debe obter unha tarxeta de usuario nun punto de atención ou empregar a aplicación móvil, facendo un depósito (que se devolve ás 48 horas) e usando o lector para desbloquear a bicicleta.

Pódense encontrar todos os detalles na seguinte ligazón: http://aectriominho.eu/e-bikeriominho

Noticias Relacionadas