Un «anel verde» de 180 quilómetros unirá Galicia e Portugal polo Miño

O Baixo Miño e o Norte de Portugal conectarán todos os seus sendeiros, converténdose nun destino único para os amantes da natureza

Comparte el artículo:

A AECT Río Minho quere potenciar o Baixo Miño e o Norte de Portugal convertendo á eurorrexión nun destino natural de excelencia. Para iso, está a deseñarse un «anel verde» de 180 quilómetros, que resultará da unión de todos os sendeiros que transcorren a través dos concellos da cunca do Miño, dende Caminha a Melgaço, e volvendo ata A Guarda pola ribeira galega.

Para levar a cabo este proxecto, están a identificarse os roteiros existentes, pero tamén acondicionando os que non estaban transitables, así como unificando a imaxe cunha sinalización común. O obxectivo é que sexan zonas accesibles para peóns e ciclistas. Tamén se van a elaborar fichas de información por tramos, onde se explicarán as características de cada área (dificultade, elementos de interese…). Mesmo se aproveitou para facer un pequeno estudo sobre a fauna e flora do territorio; avaliando o seu estado e recollendo novos datos.

Esta iniciativa non parte de cero, senón que nos últimos anos fóronse impulsando «ecopistas», como as dos municipios de Monção, Valença, Cerveira e Caminha, que crearon unha senda verde de 46 kilómetros de extensión, a cal permite aos cidadáns pasear polo rural e disfrutar do Miño (o espazo forma parte da Rede Natura 2000). De feito, as Eurociudades de Tui-Valença, Tomiño-Cerveira e Salvaterra-Monção, dentro do Plan de Mobilidade Sostible Transfronteirizo, van instalar estacións para bicicletas de intercambio.

Outro proxecto que vai no sentido dun maior achegamento ibérico é a terceira ponte que unirá Tui e Valença para peóns e ciclistas. Esta construción terá unha extensión de entre 300 y 350 metros, e suporá a creación dun parque fluvial cunha área de 250.000 metros cadrados. Concepción similar á que se plantexa na Eurociudade Salvaterra-Monção.

Noticias Relacionadas