MUMI: A feira de música e cultura ibérica reúne a artistas de Galicia e Portugal

Tui e Valença organizan este evento musical dentro do programa «Músicas no Minho»

Comparte el artículo:

MUMI, a feira de música e cultura ibérica arrincou este xoves día 9 en Tui. A Eurociudade Tui-Valença organiza actuacións musicais de balde ata o sábado 11, reunindo a artistas de Galicia e Portugal. Ademais, tamén se están levando a cabo encontros entre empresas e profesionais, a fin de facer converxer estilos e proxectos músicais de ambos países.

Durante estes días terán lugar dous concertos e 11 «showcases», nos que se darán a coñecer músicos galegos e portugueses. As actuación realízase nas beiras do Miño, coa Orquestra de Liberación Galego-Portuguesa inaugurando o evento, e unha actuación final de Galandum Galundaina e Uxía. Entre medias, vanse desenvolvendo coloquios e exposicións. Unhas actividades que estaban concibidas para o exterior, pero que se trasladaron ao Teatro Municipal de Tui polas condicións meterolóxicas no primeiro día.

Hai que destacar que MUMI é un evento musical pioneiro ao ser organizado por dous territorios ibéricos. O seu formato de promoción artística converten a esta iniciativa nunha referencia ibérica no sector; reunindo a músicos con empresas de servizos, produción e edición; e realizando actividades de formación técnica, xurídica e estratéxica.

Programación: https://tui.gal/gl/axenda/mumi

Noticias Relacionadas