Nace «Terra», a primeira asociación luso-galaica de produtores tradicionais

O Eixo Atlántico promove esta asociación, ideada polo Concello do Barco e apoiada por Trás-Os-Montes e Vila Nova de Famalicão

Comparte el artículo:

A primeira asociación luso-galaica de produtores tradicionais acaba de nacer baixo o nome de «Terra». Esta iniciativa, impulsada polo Eixo Atlántico, o Concello do Barco, a Comunidade Intermunicipal de Trás-Os-Montes e a Cámara municipal de Vila Nova de Famalicão busca reunir a artesáns e proxectar ao mundo produtos como a castaña, o viño, o aceite, os licores, entre outras elaboracións do territorio.

«Terra» forma parte dunha estratexia contra a crise demográfica das provincias de Lugo, Ourense e Trás-Os-Montes. O obxectivo é a consolidación de proxectos de produción artesanal para fixar poboación. Un modelo de apoio activo ao emprendemento local. Para logralo, xa se deron os primeiros pasos coa creación da imaxe de marca e a etiquetaxe, a organización de dúas feiras de produtores, e a impartición de xornadas de formación profesional.

Os representantes institucionais mostráronse esperanzados de que os produtores poidan ter unha canle para comunicarse entre si e coa Administración. O apoio público, defenderon, é imprescindible para impulsar o rural e os seus proxectos, pero son os propios produtores os que deben asumir a «gobernanza» da nova asociación.

 

Noticias Relacionadas