O programa «IACOBUS», promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, pechou o prazo de presentación de candidaturas cun total de 279 propostas repartidas nas súas tres modalidades: 210 para Estadías de Investigación, 65 para Papers e 4 para Patentes. Este programa é unha iniciativa clave para promover a cooperación transfronteiriza na investigación, innovación e transferencia de coñecemento entre Galicia e o Norte de Portugal.
Con unha dotación financeira de 216.000 euros, «IACOBUS» conta co apoio da Unión Europea a través do programa Interreg España-Portugal – Poctep 2021-2027, o que reforza o seu obxectivo de consolidar os vínculos entre as institucións e profesionais da Eurorrexión. Esta edición destaca polo elevado interese na modalidade de Estadías de Investigación, que facilita o intercambio de coñecemento e boas prácticas entre investigadores de ambos os territorios.
O programa reafirma o seu compromiso coa integración e o desenvolvemento conxunto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, consolidándose como unha ferramenta fundamental para o avance en áreas clave como a investigación científica, a transferencia de tecnoloxía e a innovación. Este esforzo contribúe á creación dun espazo común de progreso e cooperación transfronteiriza.