As Neves e Monção avanzan nos trámites para a construcción dunha ponte peonil sobre o río Miño

A Cámara Municipal de Monção e a Deputación de Pontevedra asinaron un convenio para a cofinanciación da redacción do proxecto de construción

Comparte el artículo:

As Neves e Monção están a avanzar no seu propósito de unir a fronteira a través dunha ponte peonil e ciclista sobre o río Miño. Para lograr este obectivo, a Cámara Municipal de Monção e a Deputación de Pontevedra asinaron un convenio para a cofinanciación da redacción do proxecto de construción. Así, os traballos de redacción, valorados en máis de 80.000 euros, sacaranse a concurso próximamente. O deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza, Roberto Carrero; o alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso; e o tenente de alcalde de Monção, João Oliveira, selaron o acordo realizando unha visita ao lugar onde se pretende realizar esta infraestrutura.

A zona escollida é un paso estreito no río Miño, entre o barrio de A Estación (As Neves), e a freguesía de Bela, en Monção. Un proxecto que reflicte o compromiso das autoridades locais en fomentar a conexión e a mobilidade sustentable entre as dúas comunidades, potenciando así o intercambio cultural e económico na rexión transfronteiriza.

A iniciativa de construír una nova ponte sobre o Miño é un claro exemplo de cooperación transfronteiriza que busca, non só facilitar o movemento de persoas, senón tamén dinamizar as relacións entre Galicia e o Norte de Portugal. Este proxecto, unha vez completado, promete ser un importante impulso para o turismo e a economía local, reforzando os lazos entre as dúas rexións e promovendo unha maior integración europea.

Noticias Relacionadas