200 policías de España e Portugal percorren Galicia en moto

A Concentración Internacional anual de policías motoristas busca «fomentar a convivencia entre corpos»

Comparte el artículo:

Ao redor de 200 axentes de policía de España e Portugal participaron na Concentración Internacional anual de policías motoristas, que este ano se celebrou en Santiago con motivo do Xacobeo 21-22. Os participantes realizaron, ademáis da peregrinación a Compostela, actividades lúdicas e culturais, con visitas a Sada, Cambre, A Coruña e Cerceda.

A iniciativa foi organizada pola Asociación Internacional de Policía (IPA), co obxectivo de fomentar a convivencia entre os distintos corpos e forzas de seguridade (Policía Nacional, Policía Autonómica, Policía Local e Garda Civil). Os axentes foron recibidos na Praza do Obradoiro polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, quen manifestou o apoio da Xunta a estes eventos, tanto por contribuír a un clima de confraternización, como por promocionar a comunidade.

Nos últimos anos resulta habitual que os corpos e forzas de seguridade de España e Portugal realicen operacións conxuntas (en servizo). O característico destes eventos é a propia disposición dos axentes para organizar, no seu tempo libre, actividades para o fortalecemento das relacións persoais e o coñecemento da realidade cultural de ambos os países.

Noticias Relacionadas