2º Encontro intersectorial do piñeiro: «A cooperación Galicia-Portugal»

O enfoque transnacional desta edición recae na importancia que en Galicia e Portugal ten o sector forestal no ámbito empresarial e investigador

Comparte el artículo:

A Fundación Arume organiza o martes 25 de outubro o «Encontro Piñeiros 2022», que se celebrará na Cidade da Cultura (auditorio do Edificio Fontán) en Santiago de Compostela. Esta xuntanza, que reunirá a destacados profesionais e investigadores de España e Portugal, abordará a sustentabilidade do pino como recurso, así como a tendencia da construción en madeira como oportunidade para toda a cadea forestal.  O evento, cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), poderase seguir de maneira presencial e online.

O programa dividirase en tres coloquios temáticos. No primeiro, dedicado á sustentabilidade, intevendrán Susana Carneiro (Centro Pinus, Portugal), acompañada de Juan Picos e Julia Armesto (Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra, UVigo), baixo a moderación de Nuno Calado, de Sonae-Arauco, unha das principais empresas consumidoras de piñeiro en Portugal. Pola súa banda, o segundo bloque, baixo o título «A madeira como material esencial», contará coas intervencións de expertos en arquitectura, innovación e construción.

Finalmente, o último dos bloques tratará a cooperación entre Galicia e Portugal con dúas charlas. A primeira, sobre os retos da mellora xenética e da resiliencia nos montes de coníferas. A segunda, relativa á experiencia de cooperación doutro sector económico con peso en Galicia e Portugal, o metalúrxico, onde intervendrá Enrique Mallón, director xeral da Federación Luso-Galaica de Industriais Metalúrxicos. Modera Nuno Almeida, director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Ver programa completo

Inscrición

Noticias Relacionadas