Adegas de Galicia e Portugal participarán no III Encontro de Viños da Raia en Tui

No evento participarán pequenas adegas de produción ecolóxica, abarcando produtos dende Caminha a Monção, pola parte portuguesa, e dende O Rosal a Arbo, pola parte galega

Comparte el artículo:

O III Encontro de Viños da Raia celebrarase o sábado 30 e o domingo 31 de marzo, de 12:00 a 16:30 horas, e de 20:00 a 23:00 horas, na Praza da Inmaculada de Tui (Pontevedra). Un evento singular e único no que participarán pequenas adegas de produción ecolóxica, abarcando produtos dende Caminha a Monção, pola parte portuguesa, e dende O Rosal a Arbo, pola parte galega.

A cita, segundo sinalou a concelleira de Comercio de Tui, Ana Núñez, busca «poñer en valor o territorio da Raia, co produto de empresas familiares que producen viños brancos, tintos e espumosos de gran calidade e personalidade», elaborados a través de procesos artesanais. Neste evento, destacou, presentarase unha proposta enogastronómica onde tamén haberá produtos locais e de quilómetro cero.

Está confirmada a participación das adegas Corisca; Jorge Marcote; Pateira; María Bargiela; Sergio Álvarez; D’ricón; Do Vimbio; Marcio López; Edmun do Val e Xesteiro, que presentarán os seus viños brancos, tintos e espumosos. O prezo será desde 2,5 euros a copa. A gastronomía tamén estará presente, coa presentación e degustación de diversas tapas, seguido do I Concurso de Cata que terá lugar o sábado 30 ás 19:00 horas.

Mais información dispoñible na web do Concello de Tui.

Noticias Relacionadas