Inaugúrase en Ourense «Xantar», o evento enogastronómico de Galicia e o Norte de Portugal

«Xantar» é a única feira internacional de turismo gastronómico acreditada da península ibérica, e celebrarase en Expourense do 9 ao 13 de novembro

Comparte el artículo:

A 23ª edición da Feira Internacional de Turismo Gastronómico «Xantar» abriu as súas portas en Expourense, con 165 expositores de 5 países (España, Portugal, Estados Unidos, Perú e Costa Rica), oito restaurantes e un programa de máis de 120 actividades. Este evento, a única feira internacional de turismo gastronómico acreditada da península ibérica, é o lugar de promoción da calidade enogastronomica de Galicia e do Norte de Portugal; eurorrexión de máis de sete millóns de persoas, que este ano conta con tren de alta velocidade operativo en Ourense.

O acto oficial de apertura estivo presidido polo vicepresidente 2º da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, que estivo acompañado polo vicepresidente da Deputación provincial de Ourense, Rosendo Fernández. Pola súa banda, representando a Portugal participaron 25 cámaras municipais. A mostra estenderase ata o domingo día 13 de novembro.

Esta edición está cargada de diferentes experiencias, como as degustacións dos produtos de calidade das festas gastronómicas de Galicia (viño, requeixo, rosca, percebe…); e o IX Encontro de Bloggers, no que participan máis de 30 blogueiros de toda Galicia, Portugal, León e Toledo. Tamén se celebrou o primeiro pase do Concurso de Cociña Gourmet de categoría profesional. Todo elo, acompañado da recreación dunha taberna tradicional que ofrece empanada, polbo á feira e «café de pota», entre outros clásicos da comunidade.

Noticias Relacionadas