Melgaço acolle a presentación da XXIX Feira do Requeixo e do Mel das Neves

A tradicional Feira do Requeixo e do Mel terá lugar nas Neves (Pontevedra) o 15 e 16 de abril

Comparte el artículo:

As Termas de Melgaço foron o lugar o elexido para celebrar o acto de presentación da 29ª Feira do Requeixo e do Mel das Neves (Pontevedra). Alí, déronse cita os alcaldes da comarca fronteiriza do Condado-Paradanta; Xosé Manuel Rodríguez (As Neves); Horacio Gil (Arbo); Luis Piña (A Cañiza), e Manoel Batista, presidente da Cámara Municipal de Melgaço. Unha celebración que se realizará unha semana antes da “Festa do Alvarinho e do Fumeiro (25ª edición)”, en Melgaço, e da Festa da Lamprea (62ª edición), en Arbo.

Estes eventos gastronómicos, que levan décadas organizándose, son unas datas moi sinaladas nas poboacións transfronteirizas polo intercambio cultural e o sentimento festivo que xeran. Neste sentido, o rexedor luso Manoel Batista, apostou por reforzar estas sinerxias en todos os ámbitos para potenciar o territorio; resaltando o recoñecemento que os productos da zona teñen no mercado gastronómico mundial. Unha reflexión que compartiron os presentes, co alcalde das Neves resaltando o valor da producción local e artesanal destes productos fronteirizos.

As celebracións recuperarán este ano, por fin, o seu formato habitual (sen descoidar as medidas sanitarias aínda vixentes). Unhas iniciativas que son parte fundamental do motor económico e social do sur de Galicia e do Norte de Portugal. A programación xa está dispoñible nas redes dos concellos; con concursos de receitas; actividades deportivas; andainas; probas gastronómicas e concertos musicais.

Noticias Relacionadas

A hora da Liberdade

Agora que estamos a poucas horas (mais precisamente sete) do dia em que comemoramos os cinquenta anos da Revolução dos Cravos está na altura de