«MEXE Iberia: Exposición e Encontro da Mocidade Emprendedora do Norte de Portugal e Galicia» celebrouse os días 25 e 26 de xuño. Un cume ibérico de emprendemento xuvenil organizado pola Federación Nacional de Asociacións de Mozas e o Concello de Bragança. O seu obxectivo foi o impulso da cooperación transfronteiriza no ámbito da innovación e o apoio ao asociacionismo. Ademais dos membros da corporación municipal, estivo presente, en representación do Goberno portugués, Isabel Ferreira, secretaria de Estado de Valorización do Interior.
Nas dúas xornadas nas que se desenvolveu o evento tratáronse os resultados das iniciativas postas en marcha neste tempo. O primeiro día fíxose balance do impacto do proxecto LIDERA no últimos cinco anos, que concentrou os seus recursos en fomentar as capacidades laborais dos mozos do territorio. Xa o segundo día, no Teatro Municipal de Bragança, fíxose unha posta en escena do presentador e actor Rui Unhas. A principal preocupación dos participantes centrouse en como evitar que o talento se marche a outros lugares, e así lograr a dinamización e o impulso do tecido económico da fronteira.
A organización deste encontro levouse a cabo seguindo un concepto de mesa redonda, na que os relatores e asistentes puideron manter un diálogo fluído. Ademais, coidáronse as diferentes presentacións e exposicións, logrando transmitir a mensaxe final dos proxectos. A animación estivo a cargo de Caras de Parada e de RaussTuna (Tuna Mista de Bragança).