Os institutos de investigación mariña de Galicia e Portugal: aliados no control dos moluscos

O INTECMAR (Galicia) e o IPMA (Portugal) colaboran para protexer os recursos mariños e salvagardar a saúde pública

Comparte el artículo:

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR), Covadonga Salgado, visitaron o Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera (IPMA), na súa sede de Algés (distrito de Lisboa). Alí, os distintos representantes mantiveron unha reunión para reforzar a colaboración tecnolóxica, científica e profesional entre ambas as entidades.

Rosa Quintana destacou o sistema galego de control de moluscos bivalvos desenvolvido polo INTECMAR; sendo un laboratorio de referencia no control de biotoxinas mariñas, con 25 anos de experiencia e un convenio de colaboración coa Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN). Un centro que depende da Xunta de Galicia, e no que se realiza un seguimento constante das condicións oceanográficas, o fitoplancto e a contaminación química, entre outros estudos. Tamén no que respecta ao apoio científico e técnico en emerxencias marítimas.

Pola súa banda, o IPMA realiza labores de investigación mariña, climatolóxica e agrícola; tendo a xestión o Estado luso. Encárgase do control das zonas de produción de moluscos bivalvos en Portugal, a fin de garantir o súa trazabilidade e calidade. Unha actividade similar á do INTECMAR; de aí que o intercambio de información e experiencias sexa tan importante.

O obxectivo deste traballo conxunto será o de garantir as condicións destes recursos mariños e salvagardar a saúde pública. Tamén se acordou emprender accións de concienciación social para frear a comercialización de maricos obtidos de forma irregular. A conselleira do Mar fixo mención, ademáis, á incansable loita das forzas e corpos de seguridade do Estado contra a pesca ilegal, e a importancia da cooperación ibérica nesta materia.

Noticias Relacionadas