Peregrino Marcelo: o presidente portugués percorre discretamente o Camiño de Santiago

Marcelo Rebelo de Sousa realizou 20 quilómetros do Camiño de Santiago

Comparte el artículo:

Marcelo Rebelo de Sousa, presidente da República de Portugal, realizou este luns 20 quilómetros do Camiño de Santiago. De feito, é a terceira vez que o mandatario percorre a ruta xacobea. Así, en dous traxectos a pé, o presidente portugués puxo inicio a súa peregrinación de forma discreta, acompañado soamente de dous membros do seu equipo de seguridade.

Con camisa branca e unha gorra, Marcelo comezou cruzando o río Miño (fronteira entre Valença e Tui) a través da ponte de Pelayo Mancebo. Tras o almorzo, conduciu o seu coche persoal ata a comarca de Santiago, onde retomou a segunda etapa da ruta; atopándose con outros peregrinos. No seu traxecto, e ata a súa chegada á catedral, o presidente fíxose selfies e charlou coas persoas que se ía atopando ao seu paso.

Unha vez na Catedral de Santiago, Rebelo de Sousa rezou unha oración e puxo rumbo de novo a Portugal. Foi nese momento cando o mandatario informou ás autoridades españolas da súa presenza na comunidade.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, declarara en maio que «se pretendemos ter un peregrino especial, é o presidente da República Portuguesa. Con este efecto, confirmoume que fará a viaxe, unha etapa da viaxe, nun dos días das primeiras semanas de agosto». Unhas intencións que finalmente se cumpliron. Con todo, descoñécense as reunións e contactos que puideron realizarse por parte do presidente portugués no territorio galego.

Noticias Relacionadas

O iberismo é contrário ao ódio

Para haver um sistema político saudável, tem de haver um equilíbrio entre a esquerda e a direita. Tem de haver vontade de debater civilizadamente, não