Portugal quere reforzar a súa cooperación co Campus de Lugo

A Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro quere ampliar as áreas nas que traballa coas universidades galegas, apostando polo sector agropecuario

Comparte el artículo:

Unha delegación da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) visitou o Campus de Lugo para tratar cuestións relativas a proxectos agrícolas, forestais e gandeiros. Estes estudos, que son especialidades impartidas no Campus Terra (Lugo), son de gran interese para os investigadores da UTAD, interesados en áreas relacionadas co sector agropecuario.

A UTAD e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), da que forma parte o Campus de Lugo, xa teñen liñas de colaboración dende hai anos. O éxito nas súas relacións fai que queiran consolidar as súas liñas de actuación conxunta. De feito, nesta recente visita comentouse a posibilidade impulsar plans de traballo para entrar nos programas comunitarios «Interreg» e «Horizonte Europa».

Unha colaboración que non se restrinxe só ao ámbito puramente académico, senón que tamén se abordou a posibilidade de involucrar a empresas de Galicia e Portugal nestes proxectos. Así, lograríanse sinerxias entre o persoal investigador e o mundo empresarial. Neste sentido, as autoridades portuguesas visitaron as dependencias da aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxía Agroalimentaria (APLTA), do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), a Granxa Experimental do Leite (Castro de Ribeiras de Lea), e o Hospital Veterinario Rof Codina.

Noticias Relacionadas

A hora da Liberdade

Agora que estamos a poucas horas (mais precisamente sete) do dia em que comemoramos os cinquenta anos da Revolução dos Cravos está na altura de