A Eurocidade Tui-Valença presenta a súa «Estratexia e Plan de Acción 2030»

O documento estratéxico realiza unha análise e diagnóstico territorial con obxectivos para o desenvolvemento e consolidación da eurocidade nos próximos anos

Comparte el artículo:

O Teatro Municipal de Tui acolleu a exposición pública da «Estratexia e Plan de Acción 2030» da Eurocidade Tui-Valença. Un evento que estivo presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e polo presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira. Con esta presentación, conclúe o proceso liderado polos dous municipios no marco do proxecto europeo «Unicidade» e ábrese unha nova etapa.

Este marco de actuación actualizado supón un fi­to destacado xa que, tras dez anos de historia, a eurocidade aspira a profundizar o seu sentido institucional e social. Para elo, o documento estratéxico realiza unha análise e diagnóstico territorial; tras un proceso de entrevistas, grupos de traballo e unha enquisa cidadá que alcanzou a 650 residentes, con obxectivos no horizonte de 2030. As seis áreas de acción son: gobernanza transfronteiriza e xestión conxunta de servizos transfronteirizos; desenvolvemento económico e innovación territorial; urbanismo e infraestruturas; medioambiente e enerxía; reto demográfico e benestar social, e dixitalización.

Os alcaldes salientaron a singulariedade deste territorio, cunha población que vive e traballa en ambos os lados da «Raia». De feito, a Axenda Urbana de Tui inclúe a Valença na súa concepción. Con todo, as autoridades aspiran a dotar de maior personalidade xurídica á eurocidade, así como a aprobar dunha vez por todas o estatuto do traballador transfronteirizo, e seguir mellorando a mobilidade transfronteiriza. O respaldo cidadán á Eurocidade Tui-Valença alcanza o 94% segundo os últimos datos.

Noticias Relacionadas