150 estudantes participan no primeiro «Encontro lusófono» organizado polo Instituto Alfredo Brañas de Carballo (A Coruña)

Esta xornada busca poñer en valor a orixe común e proximidade lingüística, social e cultural do galego e do portugués

Comparte el artículo:

O Instituto Alfredo Brañas de Carballo, dende o seu Equipo de Dinamización Lingüística, e coa colaboración dos departamentos de Lingua Galega e Literatura, así como de Xeografía e Historia, organizou a primeira edición dun «Encontro lusófono» de estudantes. Unha iniciativa apoiada pola Xunta de Galicia e o Concello de Carballo no que se deron cita 150 alumnos e alumnas de terceiro da ESO e primeiro de bacharelato.

Nesta actividade, a cantora Uxía, o músico brasi-galego Sérgio Tannus e o promotor cultural Vítor Belho, deron a coñecer de primeira man as principais iniciativas que se desenvolven en Galicia arredor da lusofonía, tales como «Cantos na Maré», «Ari[t]mar», e a «Semana de Convergências Portugal-Galiza», entre outras.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nesta xornada destacando o traballo dos profesores deste instituto, que foi pioneiro no seu momento incluíndose entre os centros dependentes de Educación que ofrecen portugués como lingua estranxeira en todos os niveis de secundaria e de bacharelato. Tamén fixo fincapé no poder do mundo lusófono, con 260 millóns de falantes, e da posibilidade de promover este modelo de intercomprensión nos centros de ensino de Galicia.

Noticias Relacionadas