21/04/2025

A Xunta clausura en Lisboa un coloquio sobre os séculos de relación migratoria e cultural entre Galicia e Portugal

O encontro reuniu durante dúas xornadas a especialistas de universidades galegas, portuguesas e latinoamericanas para afondar nas migracións históricas de galegos a Portugal

Comparte el artículo:

Bluesky Streamline Icon: https://streamlinehq.comBluesky

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na clausura do “Coloquio Internacional Cruces Galicia-Portugal: Redes migratorias e culturais”, celebrado na Universidade Nova de Lisboa e no Centro Galego de Lisboa, coa colaboración da Xunta de Galicia. O encontro reuniu durante dúas xornadas a especialistas de universidades galegas, portuguesas e latinoamericanas para afondar nas migracións históricas de galegos a Portugal e nas múltiples interaccións culturais xeradas ao longo dos séculos.

Durante o acto de peche, Miranda subliñou que “a emigración galega non só explica parte do noso pasado, senón que constrúe pontes de presente e futuro entre pobos irmáns como Galicia e Portugal”. Tamén destacou o alto nivel das achegas académicas e o esforzo organizativo, asegurando que “eventos coma este consolidan un espazo común de reflexión e cooperación transfronteiriza”.

No marco do coloquio tamén se inaugurou a exposición “Cantantes Líricas Galegas dos Séculos XIX e XX: De Galicia aos teatros de Europa e América”, que recupera o legado de máis de vinte mulleres galegas que triunfaron na lírica internacional. Con iso, reafírmase o compromiso da Secretaría Xeral da Emigración co apoio a proxectos culturais e académicos que poñan en valor a historia da diáspora galega e reforcen os vínculos internacionais da comunidade galega.