O programa «Caminhadas 2023» da Eurocidade Tui-Valença celebrou, este sábado 5 de agosto, a «Andaina Histórica de Tui», organizada polo club AndaTui. Un itinerario de tres quilómetros que transcorreu polas antigas portas de entrada ao casco antigo. A actividade, de carácter cultural, estivo guiada polo historiador Suso Vila, mostrando as diferentes facetas da cidade fronteiriza, para finalizar cunha chocolatada con rosca, unha queimada e o sorteo de varios agasallos.
Este circuíto de andainas continuará durante os próximos meses. As seguintes actividades serán o 24 de setembro co Trilho do Portal do Crasto (Valença), o 8 de outubro coa Andaina da Macoca a San Fins (Tui) e o 26 de novembro co Trilho de São Gabriel (Valença). As inscricións realizaranse no seguinte correo electrónico: [email protected]
Estas iniciativas son moi valoradas polos cidadáns, conseguindo unha alta participación. Ademais, permiten coñecer a historia fronteiriza de primeira man e reúnen ás poboacións de ambos os lados da «Raia» nunha xornada de confraternización.