Entrevista a Ramón Villares, catedrático de Historia Contemporánea e autor do libro «Galiza, terra irmã de Portugal»

Pablo González Velasco, doutor en Ciencias Sociais e coordinador do diario EL TRAPEZIO entrevista a Ramón Villares, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela

Comparte el artículo:

“Galicia non é só terra irmá de Portugal; é algo máis”. Ramón Villares iniciou a entrevista co diario EL TRAPEZIO reflexionando sobre “Galicia como lugar de orixe”. Resaltou que as relacións populares fronteirizas persisten no tempo, pero como algo cultural. Pensar nun Estado galaico-portugués, como dicía Pessoa, é algo utópico.

Villares aborda a Reconquista portuguesa facendo mención á presenza de aristócratas galegos, e fai alusión a unha visión tripartita da península. A parte mediterránea, cunha esencia clasicista románica; a parte central, onde é protagonista o pobo castelán, e unha parte máis atlántica, saudosa, literaria.

Autor de Galiza, terra irmã de Portugal, Ramón Villares ten claro que hoxe en día existe unha gran coordinación a nivel europeo, e que existe a necesidade de reforzar o eixo Lisboa-Oporto-Vigo-A Coruña. Cre nunha posición común ibérica dentro da Unión Europea, e en Galicia como ponte da iberofonía.

Na entrevista tamén se fixo mención ao posible papel de Feijóo nas relacións ibéricas se o expresidente galego alcanza a Presidencia de España, así como aos prexuízos e receos dos nacionalismos. Villares cre que volverá debaterse a rexionalización de Portugal, e que só dende o respecto e os valores compartidos será posible unha convivencia harmónica en Iberia.

 

00:15 | Presentación Ramón Villares y su libro /// Apresentação Ramón Villares e seu livro

02:46 | Galicia, ¿»tierra madre» de Portugal? /// Galiza, «terra mãe» de Portugal?

06:35 | Aristócratas gallegos en la Reconquista portuguesa /// Aristocratas galegos na Reconquista portuguesa

16:45 | Galicia como puente de la iberofonía /// Galiza como ponte da iberofonia

20:37 | Recelos de los nacionalismos con el iberismo /// Receios dos nacionalismos com o iberismo

28:18 | Consciencia ibérica desde el Gobierno español /// Consciência ibérica do Governo espanhol

31:15 | Prejuicios con la lusofonía/ Portugal /// Preconceitos com a Lusofonia/ Portugal

34:11 | ¿Vuelve la idea de regionalizar Portugal? /// Volta a ideia de regionalizar Portugal?

35:54 | Américo Castro, Gilberto Freyre y Castelao

40:11 | ¿Cómo evaluaría Castelao la Iberia/ Europa actual? /// Como avaliaria Castelao a Iberia/Europa atual?

Noticias Relacionadas