A AECT Galicia-Norte de Portugal celebra a 1ª edición do espazo «Eurorrexión Creativa» para fomentar a creatividade

A iniciativa desenvolverase este venres 21 de xullo ás 19:00 horas, na Ponte Internacional sobre o Miño, entre Tui e Valença, no contexto da celebración do Festival IKFEM

Comparte el artículo:

A AECT Galicia-Norte de Portugal celebra a 1ª edición do espazo «Eurorrexión Creativa» este venres 21 de xullo ás 19:00 horas, na Ponte Internacional sobre o Miño, entre Tui e Valença, no contexto da celebración do Festival IKFEM. O obxectivo desta iniciativa, declaran dende a organización, é «promover de forma colaborativa o talento galego e portugués, unir esforzos, xerar sinerxias e obter unha mellor visibilidade da cultura de cooperación entre os territorios».

Desta maneira, esta mostra servirá de «escaparate» para o traballo de artistas e emprendedores da eurorrexión. De feito, tantas son as personas que quixeron participar neste primeira edición, que dende a AECT valorarán seguir con este tipo de iniciativas, de tal xeito que todos os sectores (música; danza; moda; pintura; teatro; gastronomía…) teñan un lugar onde dar a coñecer as súas propostas ao mundo.

Este proxecto, cofinanciado polo INTERREG-POCTEP, xorde a través da iniciativa Nortear, un proxecto transfronteirizo de intercambio cultural, no que se premia a producción de obras inéditas de ficción literaria. Unha concepción de creatividade transfronteiriza que texe comunidade derribando as barreiras políticas e sociais existentes.

Noticias Relacionadas