A cidade de Ourense reuniu a máis de 500 voluntarios de España e Portugal

A xuntanza enmarcouse na VI Xornada de convivencia de agrupacións de Protección Civil

Comparte el artículo:

A cidade de Ourense reuniu a máis de 500 voluntarios e voluntarias de España e Portugal con motivo da VI Xornada de convivencia de agrupacións de Protección Civil. Unha iniciativa organizada pola Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense.

A xuntanza realizouse coa finalidade de ser un punto de encontro para o voluntariado ibérico, así como para achegar á cidadanía o traballo que desenvolve a diario o voluntariado de Protección Civil; indicaron os organizadores.

As actividades iniciáronse na Ponte Vella de Ourense, onde os participantes realizaron unha “foto de familia”, para posteriormente trasladarse a Oira, onde se levaron a cabo obradoiros prácticos e unha exposición de vehículos e material dos diferentes grupos de emerxencias da provincia.

O encontro finalizou coa entrega de medallas e condecoracións aos voluntarios das diferentes agrupacións, en recoñecemento a súa traxectoria. Os asistentes celebraron unha comida de confraternidade no Campo da Feira.

Noticias Relacionadas