Galicia e Portugal investirán 16,4 millóns de euros para o desenvolvemento sostible da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés

O plan de xestión da reserva abarca un total de 11 municipios (seis galegos e cinco portugueses)

Comparte el artículo:

Galicia e Portugal investirán 16,4 millóns de euros no período 2022-2025 para garantir o desenvolvemento sostible da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. O anuncio levouse a cabo pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a presentación do plan de xestión deste espazo natural, o cal abarca un total de 11 municipios (seis galegos e cinco portugueses).

«O obxectivo é impulsar as actividades transfronteirizas e de cooperación entre as dúas rexións para conseguir un desenvolvemento económico sostible, conxugando a preservación do patrimonio natural e cultural, o turismo e as necesidades dos habitantes neste espazo natural», explicou a conselleira.

Algunhas das actuacións a realizar centraranse na educación ambiental e cultural; na promoción e implantación de medidas agroforestais-ambientais; na restauración e posta en valor de elementos do patrimonio arquitectónico; na organización da oferta turística; na posta en valor do territorio a través das novas tecnoloxías; na ampliación e mellora de hábitats e especies vexetais autóctonas, e nas accións de sensibilización e formación dirixidas ás poboacións e axentes locais trasfronterizos.

Noticias Relacionadas

Símbolos da JMJ em Sesimbra

Os símbolos da Jornada Mundial da Juventude, que vai acontecer no próximo ano no país, estiveram presentes na Paróquia do Castelo de Sesimbra. A presença