A Diputación de Ourense concederá becas para «Erasmus rurais» na Raia

O programa europeo «Raia Termal» oferta 20 becas de formación na fronteira galaico-portuguesa

Comparte el artículo:

A Diputación de Ourense acaba de aprobar a concesión de preto de 400.000 euros para iniciativas de emprego, cooperación municipal, entidades sociais e culturais, e eventos deportivos. Ademais, tamén se estableceron as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación «Erasmus rural Interreg», incluidas no programa europeo «Raia Termal». Estas becas, que serán un total de 20, formarán aos participantes no que respecta ao desenvolvemento turístico e termal da fronteira galego-portuguesa. O obxectivo é a adquisición de «habilidades, coñecementos e competencias» dos recursos presentes na área xeográfica dos concellos ourensáns de Lobios, Bande, Muíños e Cortegada, e Terras do Bouro e Melgaço, en Portugal.

Estas axudas supoñen unha aportación de 1200 euros para unha estancia dun mes e medio, con titorización individual. Os solicitantes (menores de 35) deberán estar en situación de desemprego e inscritos no Servizo Público a tal efecto, así como estar empadroados na provincia de Ourense ou nos concellos portugueses que participan no programa transfronteirizo. Tamén deberán posuír formación universitaria ou FP de grao medio ou superior.

Xunto ao anterior, nesta reunión abouse, con carácter urxente, a concesión de subvencións para proxectos de innovación empresarial e de fomento do emprego, principalmente en concellos rurais con problemas demográficos, como son Oímbra, Lobios, A Veiga, Padrenda e Ribadavia. Así mesmo, vanse destinar recursos a actividades culturais, tradicionais e turísticas, así como á adquisición de maquinaria agrícola, reparacións de viais e melloras de saneamento.

Noticias Relacionadas