A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal abre una nova convocatoria para estadías de investigación e publicacións

Esta iniciativa, cuxas candidaturas poden presentarse ata o 15 de decembro, está dirixida a persoal investigador, docente, e de administración e servizos de universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da eurorrexión

Comparte el artículo:

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal abriu novas convocatorias para estadías de investigación e para publicacións científicas a través do Programa «Iacobus», promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT). Esta iniciativa, cun orzamento de 200.000 euros, está dirixida a persoal investigador, docente, e de administración e servizos de universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da eurorrexión.

Na modalidade de estadías de investigación, financianse permanencias transfronteirizas para realizar proxectos nalgunha das 39 entidades que participan no programa. En canto á modalidade de publicacións científicas, o programa promove axudas económicas para a publicación de artigos en revistas indexadas no «Journal Citation Report» (JCR) ou en «SCOPUS», dous indicadores de calidade recoñecidos internacionalmente. Os traballos deben ser desenvolvidos a través da colaboración transfronteiriza conxunta e por autores pertencentes ás institucións de ensino superior da eurorrexión. As candidaturas poden presentarse ata o 15 de decembro a través da plataforma da web iacobus.gnpaect.eu.

O Programa «Iacobus», creado e xestionado desde 2014 pola AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, conta co apoio e financiamento da Unión Europea a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP). Os seus obxectivos inclúen promover a cooperación transfronteiriza en investigación, innovación e transferencia de coñecementos entre as institucións participantes, así como impulsar unha rede para facer máis eficiente a súa seu labor e aumentar o impacto a nivel internacional.

Noticias Relacionadas